domingo, 21 de febrero de 2010

Segunda etapa do Camiño - Mondoñedo


Pois xa fixemos a segunda etapa do Camiño, esta vez ata Mondoñedo.
A mañá estaba algo fría cando algún de nós quedamos a esperar en Oirán a que os chóferes voltaran de levar os coches. Digo eu que un pouquiño, ainda que outros dicían estar mortos de frío mentres alí esperaban; deberon ser os mesmos que nada máis empezar a andar corrían coma foguetes… supoño que para escapar da xeada. Ben se deitou de que algún “avispao” dos que iban na retagarda sabía de algún bon atallo para darlles caza. E así chegamos todos xuntos a Masma, onde xa estaba programada unha paradiña para coller forzas.
Unha vez tomado o tentenpé, voltamos ó camiño no que aqueles que parecían ter presa voltaron a arrincar coma centellas… ¡parecía que querían chegar aquel día a Santiago!
Uns poucos kilómetros mais adiante xa poidemos avistar o Val de Brea, coa Catedral ó fondo, destino do noso andar de hoxe, cousa que nos deu forzas para poder rematar a etapa… e así, un pouco cansados (uns mais ca outros… vistas as maniotas dos seguintes días) demos por rematada a camiñata.

1 comentario:

  1. Eses que corren tanto. Se selles amarra unha corda fina muy fina os cataplines e se vai tirando dela de cada pouco pero tirando con forfa hasta que sangren e non poidan respirar xa se lles a de pasar as ganas de correr tanto e an dir esprando os demais como fan os bos Rueiros.

    ResponderEliminar

Calendario dos Rueiros