sábado, 16 de enero de 2010

¡COMEZAMOS O CAMIÑO!

Hoxe comezou por fin a nosa andaina de peregrinación cara a Santiago de Compostela. Tiñamos pensado facer de esta primeira etapa unha curta toma de contacto para medir forzas e ir collendo ritmo, así que decidimos empezar na Basílica de San Martiño e chegar ata a veciña parroquia de Oirán, xa no concello de Mondoñedo.
O día presentouse bastante gris e con chuvascos que a máis de un lle quitarían as ganas ata de levantar da cama, máis a estes Rueiros non se lles amedrenta con calquera cousa, e á hora acordada xa estabamos coma cravos todos tomando o cafetín no Candil... para ir tomando forzas.
Logo do tentenpé, achegámonos á Basílica onde xa nos esperaba Don Serafín para darnos a bendición que nos axudara a acadar o noso destino. Tamén aproveitou para darnos uns consellos de como deberíamos afrontar a nosa peregrinación.
E rematada a bendición... ¡puxémonos en marcha! Con paso firme e decidido fomos camiñando ata chegar a Casa Dora, onde nos desviamos cara a Cardoxe, empezando alí a subida ó coto da Lamela, pasando moi cerca do barrio da Ermida. O camiño de subida non estaba en moi mal estado, pero as choivas de estes días facían que abundaran as poceiras e a lama; e aínda que algún levaba os pantalóns peor que os do cativo ese do anuncio do deterxente, ninguén se queixou.
Chegados xa ó alto, límite das parroquias de Oirán e San Martiño, o camiño tornouse xa de asfalto. Nese momento, por un instante, quixo saír o Sol por detrás das nubes, como se quixera avisarnos de que o destino andaba cerca...
Baixamos a costa a Oirán, rechea a paisaxe de penedos e rochas ben grandes (aínda que tamén as había das pequenas), chegando ata o Cristo de Oirán, onde fixemos paradiña para repoñer fozas (e tamén sacar algunhas fotos...).
Bastou outro pedaciño andando para chegar ata o final da etapa. Contentos e animosos rematamos así a nosa primeira experiencia co Camiño, con ganas xa de que pasen axiña os días ata que volvamos...

10 comentarios:

  1. Estou moi contenta de ter empezado esta aventura do Camiño de Santiago. Hoxe foi o noso primeiro día e a verdade creo que non imos ter ningún problema en conseguir os nosos obxetivos das etapas. Espero que se pasen rápido estes días, para retomar de novo o camiño.

    ResponderEliminar
  2. PREGUNTA: ¿Podense escribir os comentarios en español?

    ResponderEliminar
  3. Ontes sabado empezamos por fin o ansiado Camiño de Santiago.Foi unha esperiencia inolvidable.Xa me tarda o proximo dia no que vamos chegar a Mondoñedo.Gustame Moito a publicacion dos rueiros de como foi a etapa espero que se repita nas seguintes.

    ResponderEliminar
  4. En canto a cómo se pode escribir... só unha puntualización (por si acaso): Recordade que esto é un blog, no é un móvil e non necesitades esas abreviaturas ás veces ilexibles...
    Polo demáis... como se queredes en chino. Aquí pódese ata fumar...

    ResponderEliminar
  5. amin esto dos rueiros pareceume unha boa idea porque podemos falar con amigos o mismo tempo que facemos exercicio

    ResponderEliminar
  6. eu espero que faigamos por brao algunha ruada mnais aparte do camiño de santiago por exemplo a peizas e lebar un campin gas e facer unhos torrezmos e chorizos e eu paso mellor que da outra vez.

    ResponderEliminar
  7. Sempre pensando en comer, xa está ben de tantas encheoladas, busca polo menos un menú un pouco mais liviano. Imos acabar parecendo focas.................

    ResponderEliminar
  8. É volvendo á cita esa gastronómica, ¿cándo decides que imos a Peizás?

    ResponderEliminar
  9. gustame moito a idea dos torrezmos xa me tarda que veña o veran

    ResponderEliminar
  10. mensaxe para a directiva dos rueiros....TEDES QUE ORGANIZAR MAIS RUADAS. ESTE ANO E UNHA BERGONZA. NON FOMOS A NINGUN SITIO.XA ESTA BEN.SE O SEI APUNTOME COS SENDEIROS ELES FAN UNHA CADA MES.

    ResponderEliminar

Calendario dos Rueiros