domingo, 7 de febrero de 2010

Nova ruada no San Blas.

E que era moito tempo sen ruar… e co anuncio das festas do San Blas, no noso veciño barrio de Vilaxoane, coa degustación dos callos o domingo… ante tal ocasión un rueiro que se precie non se pode resistir.
Pois aló fumos, envalentonados co camiño, que nesta ocasión era curto. As previsions meteorológicas non eran as mellores, pero nesta ocasión agradeceuse que non acertaran de todo e poidemos ter un día un pouco nublado ó principio e con grandes claros ó remate do camiño, con algo de frío pero nada do outro mundo.
Chegouse moi ben, en menos tempo do previsto. Nótase que o rueiro llanea mellor que sube ou baixa (algún di que é polo piñón… pero non sei se non será pola correa…) E ainda que unha vez alí tivemos algúna problemiña coa lugar e tipo de xantar, poidemos sentarnos por fin e darlle á manduca, collendo forzas para o regreso.
É que o tema dos rueiros eche así… de golpe e porrazo móntase a ruada e… ¡andando!

4 comentarios:

  1. nesta ruada a xente non debeu quedar mooi contenta que non se fixo ningún comentario

    ResponderEliminar
  2. Como paseo estivo ben. Pero o mellor coma sempre foi a compañia.

    ResponderEliminar
  3. E logo porqué escrbides de forma anónima?

    ResponderEliminar
  4. Eu tamen quero ser rueiro. Como fago. Gustanme moito as bosas ruadas e os cometarios que facedes delas.

    ResponderEliminar

Calendario dos Rueiros